#Claves de la semana

A operación retorno en Galicia sáldase cun motorista falecido

O 061 asistíu a 59 persoas implicadas en 45 accidentes de tráfico ocorridos entre as 15,00 horas do venres e a medianoite do domingo.


|

Operacionretorno 1


A operación retorno do verán en Galicia saldouse este domingo pola tarde co único morto nas estradas galegas desde este venres ás 15,00 horas ata este domingo ás 20,00 horas. En concreto, trátase dun motorista de 42 anos falecido en Ribas de Sil (Ourense) tras saírse da vía a motocicleta na que viaxaba.


Así o informaron a Europa Press fontes da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), que tamén indicaron que en España producíronse 10 accidentes mortais.


45 ACCIDENTES 


O servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia 061 asistiu durante o fin de semana a 59 persoas implicadas en 45 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 15,00 horas do venres e a medianoite do domingo.


Así, a Central de Coordinación do 061 recibiu durante estes días 48 chamadas en relación con accidentes de tráfico, que xeraron 45 asistencias.


Por provincias, foron A Coruña e Pontevedra as que rexistraron máis accidentes, con 16 sinistros cada unha, seguidas de Lugo, con sete accidentes, e Ourense, onde tiveron lugar seis.


En relación ás vítimas, o 65 por cento foron homes e o 35 por cento mulleres. O 33 por cento dos feridos tiña entre 40 e 54 anos.


Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos da Central de Coordinación foron 58. Así, as ambulancias medicalizadas acudiron a cinco sinistros, os asistenciais mobilizáronse en 50 ocasións e os médicos de Atención Primaria prestaron os seus servizos en tres ocasiones.


En 40 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 18 ocasións atendéuselles no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no punto.




relacionada ​Arranca la 'operación salida' más importante del verano
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE