#Claves de la semana

Santiago recibe á peregrina 200.000

Respecto ao Camiño Primitivo, a Ruta Xacobea elixida pola peregrina número 200.000, está a experimentar tamén un gran incremento neste ano.


|

Peregrina2000002016



A peregrina número 200.000 deste ano 2016 selou a súa Compostela no día de hoxe na Oficina do Peregrino de Santiago.


Trátase dunha peregrina portuguesa procedente da cidade de Fátima que realizou en grupo, xunto a familiares e veciños, o Camiño Primitivo dende Lugo.


O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, e o deán da Catedral de Santiago, Segundo Pérez, recibiron a esta peregrina tras a súa participación na Misa do Peregrino e obsequiárona cun diploma e uns regalos conmemorativos.


ANO RÉCORD 


O 2016 está a ser un ano récord para o Camiño de Santiago. No que vai de ano selaron xa a súa Compostela un 4% máis que no mesmo período do pasado ano.


Así mesmo, continúa a internacionalización da Ruta Xacobea ao representar xa os peregrinos estranxeiros máis do 52% do total.


Respecto ao Camiño Primitivo, a Ruta Xacobea elixida pola peregrina número 200.000, está a experimentar tamén un gran incremento neste ano. No que vai deste 2016 escolleron esta ruta un total de 8.925 peregrinos, o que supón un crecemento do 4,7% en relación ao 2015, sendo a cuarta Ruta Xacobea máis transitada.



relacionada Leiceaga reivindica 'cuidar mejor' del Camino de Santiago
relacionada La accesibilidad, el reto del Camino de Santiago
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE