#Claves de la semana

​Recibíronse 37 solicitudes de voto en Braille para as autonómicas

As persoas con discapacidade visual teñen tamén a posibilidade de ser asistidas por unha persoa da súa confianza.


|

Braille


A Xunta recibiu un total de 37 solicitudes de voto accesible en Braille para persoas con discapacidade visual que queren participar nas eleccións ao Parlamento de Galicia o próximo 25 de setembro.


O procedemento de voto accesible está previsto para persoas con discapacidade visual que coñezan o sistema de lectura-escritura Braille e que teñan recoñecido un grao de minusvalía igual ou superior ao 33 por cento ou sexan afiliados á Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE).

A utilización deste procedemento é voluntaria, polo que aquelas persoas que o desexen poderán seguir sendo asistidas por unha persoa da súa confianza, tal e como prevé a Lei orgánica do réxime electoral xeneral.

Unha vez finalizado o prazo de solicitude deste tipo de voto, o 29 de agosto, o Goberno galego recibiu 27 solicitudes remitidas pola ONCE e 10 a través do Teléfono do Elector. Por provincias, na que se rexistraron máis peticións foi na Coruña, con 17; seguida de Pontevedra, con 15; e Lugo e Ourense, con tres e dúas, respectivamente.

A Xunta comunicará por escrito aos solicitantes que o próximo 25 de setembro terán a caixa de voto accesible dispoñible na súa mesa electoral, e poñerase en contacto cos municipios nos que se atopen as ditas mesas por se é necesario realizar algunha adaptación de accesibilidade no local.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE