#Claves de la semana

Os incendios forestais resístense a abandonar Galicia

Este domingo continúa ardendo o monte en distintos puntos da nosa xeografía: en Ames, Padrenda e Chantada os lumes pasan das 20 hectáreas.


|

Brigadistasincendio


Un incendio rexistrado no municipio de Ames, parroquia homónima, permanece activo das 17,52 horas deste domingo e, polo momento, descoñécese a cifra de superficie afectada.


Segundo precisou a Consellería do Medio Rural, nos labores de extinción das chamas traballan dous axentes, cinco brigadas, dúas motobombas e un helicóptero.


Este incendio súmase aos rexistrados este domingo nos municipio de Padrenda (Ourense) e Chantada (Lugo), que afectan a unhas 25 e 20 hectáreas, respectivamente.


OUTROS LUMES


A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal de Padrenda foi controlado ás 16,08 e afecta a unha superficie dunhas 35 hectáreas. Ademais, permanece activo outro lume na parroquia de Requeixo, en Chantada (Lugo), de máis de 20 hectáreas.


En concreto, o incendio de Padrenda iniciouse ás 00,42 horas desta madrugada quedou controlado ás 16,08 horas deste domingo. Segundo as estimacións provisionais, a superficie afectada é de 35 hectáreas e, no lugar traballan un axente, dez brigadas, tres motobombas e tres helicópteros.


Así mesmo, ás 15,04 horas deste domingo rexistrouse outro incendio forestal na parroquia de Requeixo, no municipio lucense de Chantada que, segundo as primeiras estimacións, afecta a máis de 20 hectáreas.


Na súa extinción traballan dous axentes, un técnico, 18 brigadas, seis motobombas, dúas pas, dous helicópteros e tres avións.


ACTUALIZACIÓN: Durante a madrugada do luns quedou controlado o incendio de Chantada, cunhas 100 hectáreas queimadas. O lume forestal de Padrenda está extinguido desde pouco despois da medianoite, deixando 37 hectáreas calcinadas.

relacionada ​Activo un incendio forestal en Padrenda
relacionada ​10 millones para paliar los daños de los incendios forestales
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE