​Aumenta o tope de capturas de sardiña para os pescadores do xeito


|

Pesca galicia


A Consellería do Mar aumentou os topes de capturas de sardiña para a arte do xeito durante o mes de setembro ata 60 quilos por tripulante. Estes novos topes entran en vigor a partir deste luns, 5 de setembro, tras resolución da Consellería do Mar pola que se modifica o plan de xestión da sardiña con arte de xeito.


Esta decisión tómase tras a reunión de finais de agosto da comisión de seguimento do plan de xestión na que se achegaron informes que recollen "a abundancia do recurso no interior das rías".


Ademais, as capturas da frota do cerco de Galicia e Portugal son inferiores aos previsto no plan de xestión da sardiña ibérica. De tal forma, o xeito dispón de 175 toneladas para este ano, 25 menos que as 200 que tiña esta arte en 2015.


relacionada El 'xeito' pesca 53 toneladas de sardinas más de lo fijado en mayo

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE