PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS
CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS · CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
Galego Pressdigital Group
NOVAS EN GALEGO Galego
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora
# Claves de la semana
  • ENCE
  • SERGAS
  • INDITEX
  • Ley solo sí es sí

Un ano despois, Carral lembra ás vítimas do rali

O municipio de Carral lembrará, cunha misa funeral que terá lugar este martes, ás vítimas do accidente do rali da Coruña, un día despois de que se cumpra un ano do sinistro no que faleceron sete persoas o 5 de setembro de 2015.

 

Redacción
Redacción
| lunes, 5 de septiembre de 2016, 19:34
  • 0
ARCHIVADO EN | rally carral Aniversario Accidente

Rallycarral


O municipio de Carral lembrará este martes ás vítimas do accidente do rali da Coruña, un día despois de que se cumpra un ano do sinistro no que faleceron sete persoas o 5 de setembro de 2015, entre elas dous menores e unha muller embarazada, ao paso da proba por esta localidade.


En concreto, o Consistorio organizou unha misa funeral, ás 21,00 horas, na igrexa parroquial situada no centro do municipio.


"É a única forma que temos de demostrar que estamos con eles", sinalou o alcalde, José Luis Fernández Mouriño, sobre os familiares das vítimas, aos que se comunicou a organización do funeral.


Fernández Mouriño admitiu que, estes días, o recordo do sucedido pervive entre os veciños do municipio, que nestas datas celebra, ademais, as súas festas patronais. Así, remarca que o accidente está "na memoria de todos".


O RALI, APRAZADO


Preguntado se se celebrarán novos eventos deportivos deste tipo, o alcalde asegurou que a escuadra non solicitou facelo. "Non é o momento", admite tamén pola coincidencia desta data co aniversario do accidente.


Ademais, avoga por que, no caso de que o Rali da Coruña volvese pasar polo municipio, o fixese por unha zona distinta e menos próxima ao centro do municipio.


Mentres, desde a organización deste evento, One Seven Racing avanzan, na súa páxina de Facebook, que a XXI edición do rali da Coruña quedou aprazado e que, motivos alleos á súa vontade, obrigan a trasladar a proba a decembro.


Por outra banda, indican que seguen traballando "para sacar adiante o rali e render homenaxe ás vítimas e familias da fatídica pasada edición", apuntan.


Pola súa banda, no ámbito xudicial, estase á espera de que a Audiencia Provincial da Coruña se pronuncie sobre o recurso presentado contra o arquivo das dilixencias por parte do Xulgado de Instrución número 8 da Coruña ao entender que a organización cumpriu coas esixencias que se lle impuxeron para minimizar o risco.


relacionada Más de 200 vehículos se movilizan en apoyo a las víctimas del Rally
relacionada El piloto del accidente del Rally de A Coruña dio negativo en las pruebas de alcohol y drogas
relacionada Carral dá o seu último adeus á pequena Uxía, sétima vítima mortal do rally
  • 0

La única newsletter de sanidad de Galicia

Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado

Cabeceraultimahora

Detenidos dos hombres por un atraco en un comercio 24 horas de Ourense

La Xunta recoge en Vigo el Premio Feafes otorgado por su labor de inserción laboral de personas con enfermedad mental

Aplazado por la huelga de letrados un juicio en Ourense contra un hombre acusado de abusos sexuales a su hija

Jácome: "Nunca en la historia de Ourense hubo un gobierno o un alcalde que abordase tal cantidad de gestión de obras"

Cabeceralomasleido 1
1
Dos autobuses de Monbus tiroteados en Betanzos, sin dejar heridos pero sí daños personales
2
¿Dónde y cómo puedo ayudar a Turquía y Siria? Esta es la lista de cosas que ONGs y voluntarios piden para la ayuda humanitaria
3
​¿El nuevo desafío de Marruecos a España es un tema económico?
4
Estrella Galicia compra Grandes Pagos, bodega del presidente del Celta en la que fue accionista un conselleiro
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora