#Claves de la semana

O debate vaise retransmitir en lingua de signos, pero con atraso

Hay 5 bloques temáticos de 20 minutos cada un: economía e emprego, sectores produtivos, políticas de benestar, rexeneración democrática e modelo institucional.


|


Candidatosdebate


Os xornalistas Marta Darriba e Kiko Novoa son os moderadores do debate electoral que conta cun "dispositivo inédito" na CRTVG que o retransmite simultaneamente pola televisión e radio públicas galegas.

Por primeira vez, o enfrontamento entre os candidatos á Presidencia da Xunta (coa presenza dos cabeza de lista de PPdeG, PSdeG, BNG, En Marea e Cidadáns) será retransmitido en linguaxe de signos a través da tvG2 --a segunda canle da Televisión de Galicia--. A emisión será en diferido a partir das 22.30 horas.

CONDICIÓNS PACTADAS

O debate, que terá lugar nun estudio que contará cunha posta en escena "especialmente deseñada" para este programa, dará comezo ás 21.30 horas, tras unha edición reducida do Telexornal, e terá unha duración de dúas horas.

As condicións do encontro foron acordadas polos representantes das cinco forzas política. Deste xeito, Feijóo (PPdeG), Leiceaga (PSdeG), Pontón (BNG), Villares (En Marea) e Losada (Cidadáns) permanecerán de pé fronte a uns atrís que formarán un semicírculo.

O debate estruturarase en cinco bloques temáticos de 20 minutos de duración: economía e emprego, sectores produtivos, políticas de benestar, rexeneración democrática e modelo institucional.

relacionada Los candidatos ya están en los estudios de la CRTVG
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE