#Claves de la semana

​Quen foi máis convincente no debate da CRTVG?

Despois do clásico debate televisado de onte á noite, as redes sociais inundáronse cos comentarios sobre a solvencia dos candidatos ante as cámaras.


|

CRTVGdebate


Despois do clásico debate televisado de onte á noite, as redes sociais inundáronse cos comentarios sobre a solvencia dos candidatos ante as cámaras.

Feijóo e Pontón destacan. Leiceaga desorientado coa cámara. Villares lee, non conta. Losada comete o erro de falar en castelán #DebateCRTVG

— Luis Fraga (@LuisFragaTV) 12 de septiembre de 2016

Os primeiros en opinar foron os propios candidatos á saída de San Marcos.


O candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo, asegurou ao termo do debate que sentiu "cómodo" a pesar de ser "catro contra un", porque tivo a oportunidade de explicar que fixo no últimos oito anos e que quere para o futuro.


En declaracións aos medios antes de abandonar as instalacións da CRTVG, incidiu en que "a maioría dos galegos entendeu" que lle tocou gobernar a comunidade "no peor momento", con "menos diñeiro que nunca", e que a pesar diso "Galicia está a avanzar".


Na mesma liña, incidiu en que os galegos teñen agora "máis información" para "decidir libremente" entre "dúas" opcións de goberno. "Hai tres ou catro partidos que non quixeron concretar nin sequera se van pactar ou non, aínda que está claro que pactarían, e un partido que vai gobernar cando consiga unha maioría estable", expuxo.

#DebateCRTVG pic.twitter.com/M5iHOWBYxb

— Alberto Núñez Feijóo (@FeijooGalicia) 12 de septiembre de 2016

Pola súa banda o candidato do PSdeG á Presidencia, Xoaquín Fernández Leiceaga, mostrouse "moi contento" ao termo do debate, do que cre que a "principal conclusión" que se pode extraer é que os socialistas son a "garantía do cambio político en Galicia".


Leiceaga compareceu ante os medios ao termo do debate electoral celebrado este luns na Televisión de Galicia, no que viu "nervioso" ao candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo, o que, na súa opinión, foi "incapaz de manter a compostura que se lle presume".


Así, o socialista sinalou que comezou o debate "crendo" que sería unha contraposición de "proxectos", pero que a súa "primeira sensación" foi que Feijóo "non ten proxecto de futuro para Galicia".


En relación a isto, Leiceaga viu ao presidente galego "demasiado crispado" e afeou a súa actitude durante o debate "interrompendo, sen atender as razóns dos outros", sen mostrar capacidade de "diálogo".

O minuto final de @Leiceaga2016, candidato do @PSdeG #DebateCRTVG pic.twitter.com/cFwUMveM94

— TVG (@TVGalicia) 12 de septiembre de 2016

O candidato de En Marea á Presidencia da Xunta, Luís Villares, que participou neste tipo de formato por primeira vez, sentiuse "moi reforzado" tras o debate a cinco que "perdeu" o aspirante á reelección, Alberto Núñez Feijóo e, de feito, prognosticou que "o seu tempo acabouse".


En declaracións aos xornalistas antes de abandonar as instalacións dos medios públicos galegos, Villares referiuse "ao candidato de Baltar" para celebrar que terá "o que quería" e poderá "irse a Madrid".



relacionada PSdeG, En Marea e BNG ábrense a unha coalición de esquerdas e C's apoia a Feijóo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE