​Brooklyn Beckham visitará Ferrol e Narón nunha campaña de Pull&Bear

|


Brooklynbeckham


Inditex fichou ao fillo do futbolista David Beckham e da excantante e deseñadora Vitoria Beckham como nova imaxe da súa marca Pull&Bear. O primeiro que fará o novo 'fichaxe' de Amancio Ortega será visitar a oficina central da firma, no polígono naronés de Río do Pozo. 


A #PullandBearhouse, unha sede 'ecoeficiente' de Pull and Bear, é 'o corazón da marca', onde traballan os equipos creativos e comerciais. Precisamente Brooklyn será o encargado de descubrir ao mundo esta recén inaugurada sede de Narón o próximo 22 de setembro


Trátase dun edificio concibido para integrarse na súa contorna natural e reducir o impacto ambiental grazas á eficiencia no uso da auga, o aforro enerxético, a calidade ambiental do interior ou os materiais empregados, destacan desde a firma. 


Antes do seu paso pola sede de Pull&Bear en Narón, Brooklyn Beckham visitará a nova tenda de Pull&Bear na Rúa Real de Ferrol, na cal se comercializan produtos de campañas anteriores a prezos de saldo e está xestionada por xente con diversos graos de discapacidade, grazas a un acordo coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami). 


Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress