#Claves de la semana

Ana Pontón reta o resto de candidatos a un segundo debate electoral

A líder do BNG di que hai "moitos temas que quedaron pendentes" o luns. No último mítin explicou as súas propostas para os autónomos.


|

Anapontondebate


A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, retou os demais aspirantes para celebrar un segundo debate nos medios públicos porque "os electores teñen dereito a contrastar a proposta de goberno que presentan cada forza política sobre os moitos temas que quedaron pendentes".


"Os debates non poden ser potestade dos partidos, senón un dereito da cidadanía para contrastar propostas de programa antes de ir votar", subliñou nun mitin en Carballo, onde, segundo recolle o BNG nun comunicado, foi recibido como "a gañadora" do debate celebrado a noite do luns.


O BNG "demostrou", dixo, que ten "empuxe e confianza para sacar adiante aos galegos nun momento que soportan graves problemas de paro, precariedade e desigualdade".


Fronte a esta situación, situou o candidato do PP "xordo e cego ante os problemas do país, empeñado na mesma política de recortes que deixan unha Galicia máis desigual e máis pobre, cunha débeda pública disparada e sen alternativas, máis aló de executar as ordes que lle ditan de Madrid e Bruxelas".


No mitin tamén interveu o alcalde da localidade, Evencio Ferreiro, cuxa xestión foi enxalzada por Ana Pontón. "É o exemplo de que é posible abrir un tempo novo en Galicia, confiando en nosas propias forzas, porque iso foi exactamente o que fixo este concello da man do BNG", remarcou.


"Cando falamos de abrir un tempo novo, dun cambio real a partir do 25S, o Bloque pode presentar o aval do traballo feito en ducias de concellos por todo o país, como Pontevedra, Allariz ou Carballo", manifestou, porque "un país non se constrúe a base de eslógans, senón con feitos, e o BNG xa demostrou que é capaz de mellorar a vida das persoas", apuntou.


OUTRAS PROPOSTAS


Durante a súa intervención, aproveitou para explicar as propostas de goberno para os autónomos, que en Galicia suman 217.000 persoas, o que significa o 22,3 por cento do total da afiliación á Seguridade Social.


"Este colectivo de autónomos, de pequenas empresas, son as que manteñen vivas as vilas e cidades de Galicia, son un puntal importante para o desenvolvemento do país e pasárono moi mal ao longo destes anos", explicou Ana Pontón. "E o BNG quere abrir unha nova etapa desde o Goberno galego para a mellora das condicións destas persoas, para acceder ao crédito, para que teñan financiamento para os seus negocios, pero tamén para que teñan tratamento fiscal e unha cobertura social xusta", salientou.

relacionada Pontón ponse o traxe de panadeira para detallar o seu apoio aos autónomos
relacionada Pontón sobre a enquisa do CIS: "Fai tres meses non acertaron nin unha"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE