#Claves de la semana

O pai de Diana Quer: "Son un bo pai"

Dixo que o único que fixera fora "velar polas fillas" e que salvo un milagre, non pensa que vaia poder seguir "protexendo" a Diana. 


|

Dianaqueryfamilia


En declaracións á CRTVG, o pai de Diana Quer dixo "non ter coñecemento" da denuncia que, segundo trascendeu en varios medios de comunicación, lle puxera a moza desaparecida e mais a nai, e afirmou "ser un bo pai" e un "señor". 


Ademais, o pai de Diana expresou a súa vontade de dar explicacións sobre a situación de "ruptura" coa súa exmuller, Diana López-Pinel. En palabras do pai da moza madrileña, "caeron 9 ou 10 denuncias" que "estan todas arquivadas e todos os cargos foron sobreseídos"


Tamén tivo palabras para os fiscais, ao que pedíu que "comecen a defender a todos os pais", sexan homes, mulleres, pais ou nais do pais "porque temos ese dereito". A continuación afirmou "ser un bo pai, un señor", e instou aos medios a "ler entre liñas" sobre a situación familiar que explicou. 


Juan Carlos Quer dixo que o "único" que fixera fora "tentar velar polas súas fillas", e lamentou, moi emocionado, que "salvo un milagre" non pensa que vaia poder seguir "protexendo" á súa filla Diana


Por último, o pai da moza madrileña afirmou que non fará máis declaracións aos medios, e aludiu a un regalo que lle fixera a Diana polo seu 18 cumpleanos no que, a través dun video, lle dicía que "a verdade na vida redímeo todo". Para a continuación finalizar a súa intervención no medio público con esta frase suxestiva e contundente: "E a verdade redimirao todo".


As declaracións prodúcense despois de que a irmá de Diana, Valeria Quer, declarase no xulgado de Ribeira pola custodia do pai. Este venres será o turno da nai de Diana. 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE