#Claves de la semana

​Prosegue a procura do peregrino surcoreano desaparecido na zona de Fisterra

Jim Han Cho desapareceu o pasado día 10 de setembro cando se atopaba supostamente nunha zona de baño frecuentada por peregrinos. 


|

Caminosantiago 1


A procura do peregrino surcoreano, duns 41 anos, desaparecido fai cinco días na zona do faro de Fisterra (A Coruña) prosegue por terra e, cando o o permite, con mergulladores da Garda Civil, segundo informaron a Europa Press fontes da Benemérita.


En concreto, no operativo participan, xunto a outros efectivos, mergulladores do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas, (GEAS) no marco dun dispositivo habilitado polo Instituto Armado.


Jim Han Cho desapareceu o pasado día 10 de setembro cando se atopaba supostamente nunha zona de baño frecuentada por peregrinos na parte baixa do faro no Cabo de Fisterra.


Un pescador achou na zona a súa roupa e outras pertenzas, como unha mochila, polo que a Benemérita baralla a hipótese de que "puido sufrir un accidente na auga". Por iso, foron mobilizados os mergulladores da Garda Civil, que rastrexan a zona, así como efectivos do mesmo corpo da zona de Fisterra e Corcubión, entre outros.



relacionada ​Evacuada en helicóptero unha peregrina que caeu da bicicleta en Palas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE