​O Concello de Muras págalle a factura da electricidade aos veciños

|

AlcaldemurasBNG


O Concello de Muras (Lugo), no que goberna o BNG, pagará ata 500 euros ao ano da factura de electricidade de cada veciño en función da renda.


Muras é un municipio da Mariña de Lugo de case 700 habitantes que ten uns 380 muíños eólicos que explotan as grandes eléctricas, segundo Fernando Blanco, responsable de enerxía en CIG Industria.


Así, nunha iniciativa "pioneira en Galicia e España" para pagar a luz eléctrica aos seus veciños, o Concello busca que os seus habitantes se beneficien do principal motor económico do municipio, a enerxía eólica.


O Concello de Muras, gobernado desde o ano pasado polo BNG, creou unhas bases polas que se pagará cunha partida de 150.000 euros a factura da luz dos veciños, segundo apunta o alcalde do municipio, Manuel Requeijo. A norma ten en conta aspectos como a renda dos fogares "para pagar distintas porcentaxes da factura en función dos ingresos de cada veciño", explica o rexedor.


A medida limita o importe subvencionable máximo anual a 500 euros, segundo Fernando Branco, quen apunta que esta medida é "simbólica" e "non se coñece outra similar a nivel estatal".


A CIG encomiou esta proposta do Concello e lembra que "segue nun caixón do Parlamento de Galicia" a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) aprobada por unanimidade na pasada lexislatura para crear unha tarifa eléctrica propia para Galicia. "O último que sabemos é que queren celebrar encontros con expertos para ver como enfocalo, algo que nunca sucedeu cunha Iniciativa Lexislativa Popular", apunta Branco.



Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress