Esixen a "fin da precariedade laboral" no Sergas tras a sentenza sobre contratación da UE

|

Sergas 5


Comisións Obreiras (CCOO) esixiu a "fin da precariedade laboral" no Servizo Galego de Saúde (Sergas) tras coñecerse a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea que declara contrario á normativa o encadeamento de contratos que, segundo o sindicato, "se realiza reiteradamente nos distintos servizos de saúde".


Esta tese, conforme indica o sindicato, foi defendida nos últimos anos tanto por CCOO como por outras organizacións ao entender que "precarizaban" a actividade laboral posto que "necesidades permanentes non deben converterse, de forma fraudulenta, en contratos".


"Estas prácticas, habituais no ámbito do Sergas, supoñen que de forma habitual miles de profesionais tivesen que realizar decenas de contratos, negándolles a posibilidade dunha contratación estable e prexudicando notablemente a calidade asistencial pola excesiva rotación que impide aos profesionais adaptarse ao posto de traballo", denuncia CCOO.


Neste sentido, esta "precariedade" é unha das causas da "progresiva diminución do emprego no Sergas" e "a non convocatoria das prazas reais existentes".


Por todo iso, o sindicato, que entende que o fallo do tribunal europeo "debe supoñer o fin" destas contratacións, esixiu a convocatoria da mesa sectorial de sanidade xa que reclama unha modificación lexislativa e a recuperación das 1.800 prazas "perdidas" nestes anos no Sergas.



relacionada Reúnen aos sanitarios que atenderon os feridos do Porriño para recoñecer o seu labor

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress