María Xosé Queizán ou a cooperativa Numax, galardoados cos Premios da Cultura Galega
Os premios serven para apoiar a "excelencia creativa", a "capacidade de intercambio", a experimentación e a proxección da construción cultural de Galicia.
Xurado dos premios na Cidade da Cultura // Portal Cultura de Galicia
María Xosé Queizán (Letras), Miguel Fernández-Cid (Artes Plásticas), Sarabela Teatro (Artes Escénica), Maximino Zumalave (Música), a cooperativa Numax (Audiovisual), a Irmandade Xurídica Galega (Lingua), o Museo de Pontevedra (Patrimonio Cultural) e Elena Zernova (Proxección Exterior) foron os galardoados este ano cos Premios da Cultura Galega.
Estas persoas foron elixidas, de entre un total de 40 candidaturas presentadas, por un xurado formado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o xerente do Consello da Cultura Galega, Marcelino Fernández; a bibliotecaria-arquiveira da Real Academia Galega, Margarita Ledo; e o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, Manuel Quintana; que se reuniu este luns no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura.
Na reunión do xurado, que foi aberta polo conselleiro Román Rodríguez, participaron tamén destacadas figuras do mundo cultural, como a gaiteira Susana Seivane, a directora teatral Fefa Noia, o editor Xosé Ballesteros, ou o fotógrafo Manuel Vilariño.
Os Premios da Cultura Galega, que cada ano convoca a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, serven para apoiar a "excelencia creativa", a "capacidade de intercambio", a experimentación e a proxección da construción cultural de Galicia. O galardón desta edición de 2016 consistirá nunha escultura de Manolo Paz, que se entregará nun acto solemne.
A continuación a lista dos premiados:
Premio Cultura Galega de Letras: María Xosé Queizán
Premio Cultura Galega de Artes Plásticas: Miguel Fernández-Cid
Premio Cultura Galega de Artes Escénicas: Sarabela Teatro
Premio Cultura Galega de Música: Maximino Zumalave
Premio Cultura Galega de Audiovisual: cooperativa Numax
Premio Cultura Galega de Lengua: Irmandade Xurídica Galega
Premio Cultura Galega de Patrimonio Cultural: Museo de Pontevedra
Premio Cultura Galega de Proxección Exterior: Elena Zernova
Escribe tu comentario