#Claves de la semana

​Cerca de 7.000 axentes forman o dispositivo do 25S

Na seguridade desta xornada electoral paricipan tanto a Garda Civil, como a Policía Nacional como as policías locais de toda Galicia.


|


Votopapeletaelecciones



Máis de 6.000 efectivos da Policía Nacional e da Garda Civil integran o dispositivo de seguridade disposto na Comunidade Autónoma de Galicia con motivo da xornada electoral deste domingo, 25 de setembro, unha cifra á que se incorporarán tamén 813 axentes das policías locais de toda Galicia, co que o número se achega aos 7.000 efectivos.

Segundo os datos facilitados pola Delegación do Goberno en Galicia, o dispositivo estará integrado por 2.275 policías nacionais --entre os que se suman 176 membros da policía autonómica-- e 3.917 axentes da Garda Civil.

A de Pontevedra será a que conte cun maior número de axentes velando pola seguridade da xornada electoral, con 1.112 gardas civís e 852 policías nacionais.

Pola súa banda, na provincia da Coruña, o dispositivo integrarano 971 axentes de Policía Nacional e 1.340 de Garda Civil; mentres que en Lugo serán 268 por parte da Policía e 756 gardas civís.

Finalmente, na provincia de Ourense participarán no dispositivo articulado polo Goberno 184 axentes da Policía Nacional e 709 da Garda Civil.

relacionada ​Case 40.000 persoas solicitaron o voto por correo en Galicia
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE