O Celta colle aire coa vitoria fronte ao Sporting
O 2-1 no marcador, obra de Hugo Mallo e Iago Aspas, concédelle os pimeiros tres puntos desta Liga ao equipo vigués.
Hugo Mallo celebra o seu tanto. //Foto: @rccelta_oficial twitter
O Celta de Vigo sumou os primeiros tres puntos desta Liga, coa vitoria por 2-1 fronte ao Sporting de Xixón. Os vigueses continúan padecendo a falta de ocasións, pero o reencontro co gol serve para quitar un peso de enriba.
Na primeira metade comezou mandando o Celta, que acaparou o balón nos primeiros minutos. O dominio foise facendo máis feble co paso do partido e o sacrificio do Sporting e chegouse ao descanso sen goles.
O marcador non se moveu ata a segunda parte. Abriuno o conxunto celeste, grazas a unha arrancada de Pione Sisto pola dereita, que centrou raso e aproveitou Hugo Mallo para enviar o balón ao fondo das mallas pasada a hora de xogo.
Un penalti para o Sporting e outro para os vigueses transformado por Iago Aspas deixaron a primeira vitoria da tempada en Balaídos.
Escribe tu comentario