#Claves de la semana

O Sindicato Labrego Galego celebra este sábado un encontro coa mocidade do rural

Será en Vilar de Barrio, e buscan dinamizar o medio rural e buscar "alternativas". 


|

Niosrural


O Sindicato Labrego Galego (SLG) celebrará este sábado no albergue das Corcerizas, situado en Vilar de Barrio (Ourense), un encontro coa mocidade do medio rural que busca dinamizar a este sector "en busca de alternativas".


Un dos seus organizadores, Alberte Llamazares, vinculou esta iniciativa, chamada 'Aldeas Revoltas', aos encontros mantidos ao longo do verán con mozos do ámbito rural de distintas comarcas galegas, tras as que o sindicato ten "un coñecemento bastante completo das súas inquietudes e problemáticas particulares".


"Desde o SLG percibimos que a mocidade labrega que cre nun modelo agrario alternativo ao imperante carece de foros ou estruturas organizativas a través das que poder expresarse e defender os seus posicionamentos", dixo Llamazares.


Unha das actividades máis importantes do encontro será o intercambio de experiencias entre as persoas participantes, así como a visita á granxa de Samuel Formoso para adquirir novas visións.



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE