#Claves de la semana

​Feijóo non nomeará sucesor "a dedo"

Considera que "o modelo para seguir" cando marche dentro de catro anos é o da sucesión de Fraga. "Os liderados gáñanse", di.


|

Feijooperiodicos


O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, considerou que os liderados "non se sinalan" senón que "se gañan" e asegurou que a sucesión de Manuel Fraga á fronte do PPdeG debe ser o "modelo para seguir" polos populares galegos.

"Sinalar cun dedo infalible a alguén non o comparto ... No que de min dependa, é o partido o que decidirá", manifestou ao ser preguntado pola súa futura substitución como líder dos populares galegos nunha entrevista concedida a La Voz de Galicia e que recolle Europa Press.

Tras explicar que afronta os próximos catro anos como o seu "último mandato na comunidade autónoma", o recentemente elixido por terceira vez como presidente da Xunta explicou que se o Goberno galego pode estar en marcha "a primeira semana" de novembro "non" o deixará "par a segunda". "Debemos contar cun goberno plenamente operativo", sinalou.

Así mesmo, preguntado polo número de consellerías que terá o seu novo Executivo asegurou que "oito non poden ser". "Tivémolas nun momento de emerxencia cando España estaba a piques de pedir o rescate", indicou para argumentar que o proxecto agroforestal "necesita dun departamento propio" e que "a ordenación do territorio, o saneamento das rías e medio ambiente debe ser distinto a infraestruturas".


SITUACIÓN DO PSOE

Por outra banda, sobre a situación que atravesa nestes momentos o Partido Socialista, Feijóo recoñeceu que "o que di" a líder do PSOE andaluz, Susana Díaz, "ten en aparencia máis sensatez" que o que defende o xa exsecretario xeneral dos socialistas, Pedro Sánchez.

"Di (Susana Díaz) que o primeiro é o Goberno de España e despois o PSOE. Iso véñoo dicindo eu desde hai tempo, pero correspóndelles a eles tomar a decisión, e espero que acerten", manifestou.

Ademais, preguntado pola proxección nacional da súa vitoria, Feijóo sinalou que o pobo galego "axudou a aclarar" a cuestión da gobernabilidade de España. "Que un pobo que supón o 6% da poboación influíse con esa notoriedade nun posible Goberno de España e na catarse interna do PSOE di moito deste pobo", apuntou.

relacionada ​Feijóo reivindica os "efectos" no PSOE das galegas
relacionada ​O PPdeG de Feijóo revalida a súa maioría absoluta
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE