#Claves de la semana

Aparece unha cría de lura xigante na praia de Bares

Unha cría de lura xigante duns 105 quilos de peso apareceu flotando nas augas da praia de Bares, na Coruña.


|

Calamargigante


Unha cría de lura xigante duns 105 quilos de peso apareceu flotando nas augas da praia de Bares, na Coruña. O exemplar puido morrer como consecuencia das feridas provocadas por outro animal durante unha loita de "titáns".


Trátase dunha femia de Architeuthis que foi localizada flotando en augas da praia de Bares por particulares, e xa foi trasladado ao Parque da Vida de Luarca, onde será sometido a unha necropsia.


Segundo as observacións dos científicos, a femia podería ter chegado á enseada portuaria aínda viva, dado o estado de conservación que presentaba cando foi atopada. 


Os científicos que analizaron as numerosas feridas que presenta o corpo do molusco descartaron unha captura accidental e aseguran que todo parece indicar unha loita entre "titáns". É posible que as feridas deste ataque foran  motivo polo que terminou subindo lentamente á superficie, deixándose levar polas correntes e finalizando o seu agónico periplo en Estaca de Bares. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE