#Claves de la semana

​Sestayo denuncia que o de Ferrol é "un caso claro de transfuguismo"

Acusa ás dúas edís expulsadas de "vender os votos do PSOE a cambio duns cargos", pero cre que a situación aínda é reversible.


|

Beatrizsestayo2


A portavoz do PSOE en Ferrol, Beatriz Sestayo, acusou ás dúas edís expulsadas do grupo municipal socialista tras a ruptura do pacto de goberno con Ferrol en Común de "vender os votos do Partido Socialista a cambio duns cargos".


Así se pronunciou a dirixente socialista nunha entrevista concedida á Radio Galega, na que considerou que este é un "caso claro de transfuguismo" pero cre que a situación aínda é reversible e agarda que as concelleiras rectifiquen.


"É unha situación moi dolorosa e unha traizón non só ao PSOE, que sería importante, senón unha traizón á cidadanía", asegurou Sestayo que, en todo caso, pecha a porta á posibilidade de que se produza unha moción de censura.


Sestayo responsabiliza ao alcalde e ao seu grupo da situación e móstrase moi crítica co labor desenvolvido polas mareas ao considerar que "son activistas do titular pero non de resolver os problemas dos cidadáns". E é que a secretaria xeral dos socialistas ferroláns aprecia na esquerda rupturista "falta madurez e de preocupación".


"Creo que buscan titulares do que chaman nova política e xa vemos que a nova política, por exemplo, é apoiarse no transfuguismo, que era algo superado xa polo que se chamaban as vellas forzas políticas", argumentou a socialista.


CONFLITOS NO PSDEG


En relación aos conflitos internos no PSdeG, Sestayo, crítica coa xestora que dirixe Pilar Cancela, apoia, en cambio, que Xoaquín Fernández Leiceaga asuma polo momento a portavocía do grupo parlamentario na Cámara galega.


"É a persoa á que a militancia, e o seu día, elixiu para ser portavoz e, por tanto, polo de agora, é normal que o sexa. Outra cuestión é se despois existe unha dirección diferente que responda a unha nova situación e se elixa outra representación parlamentaria", considerou.


Por outra banda, apoiou a elección de Javier Fernández para liderar a xestora que tomou as rendas do PSOE a nivel federal. Así, aínda que recoñece que a situación é "endemoniada", mantense na oposición a que o PSOE favoreza a investidura de Rajoy. "Non a Rajoy sempre", defende.

relacionada ​O PSOE ferrolán expulsa ás edís díscolas
relacionada ​Jorge Suárez presenta a remodelación do goberno de Ferrol
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE