#Claves de la semana

​Once anos e medio de cárcere para un naronés por abusos sexuais á súa filla

O acusado admitiu os feitos, que duraron sente anos, polo que non foi necesaria a celebración do xuízo.


|

Audienciaprovincialacorua

Audiencia Provincial da Coruña. //Foto: europapress


Un veciño de Narón acusado de abusar sexualmente durante sete anos da súa filla menor de idade aceptou este xoves unha condena de 11 anos e medio de cárcere tras recoñecer os feitos.


A Fiscalía acordou rebaixar este xoves de 15 a 11 anos e medio de cárcere a petición de condena ao recoñecer o home o sucedido, polo que non foi necesaria a celebración do xuízo que estaba previsto na sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña.


Segundo o escrito do Ministerio Público, durante aproximadamente sete anos, o acusado, "aproveitándose da posición vantaxosa que lle ofrecía a súa condición de proxenitor da menor, a súa filla menor de idade, coa cal convivía, con evidente ánimo libidinoso e de propia satisfacción persoal, realizáballe tocamentos".


Estes feitos nos dous últimos anos 2014 e 2015 víronse agravados chegando mesmo á penetración. Isto ocorreu "ata que a súa irmá maior, percibindo algo estraño, preguntoulle á menor e esta contou todo o ocorrido, interpoñendo denuncia a súa nai", segundo recolle o escrito.


AFASTAMENTO DURANTE 12 ANOS


Por estes feitos, o home enfrontábase a un delito continuado de agresión sexual a menor de 13 anos, agravado polo "escaso desenvolvemento intelectual da vítima" e por prevalerse da relación de parentesco.


Á saída da Audiencia, Francisco Vázquez, avogado do acusado, sinalou que o home "xa en fase de instrución" recoñeceu os feitos e explicou que, ademais da pena de cárcere, o home non poderá achegarse á súa filla nun período de 12 anos e medio.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE