Máis de 1.800 galegos doaron sangue por primeira vez este verán

|


Sangretransfusion


A participación dos cidadáns na campaña de doazón de sangue 'Verán 2016' rexistrada entre xullo e setembro en Galicia aumentou un 3,2 por cento fronte ao mesmo período do ano anterior, segundo destacou a Axencia de Doazón de Órganos e sangue (ADOS).


Por iso, a Axencia de Doazón quixo mostrar a súa "máis sincero agradecemento" aos 28.573 cidadáns que doaron sangue na campaña desenvolvida baixo o lema 'Súmate. Doa Sangue' que tivo lugar entre os pasados meses de xullo a setembro.


Segundo explicou, esta "elevada participación" permitiu manter "en niveis adecuados" as reservas de todos os grupos sanguíneos nunha época do ano na que tradicionalmente diminúe "entre un 10 e un 15% a participación nas campañas de doazón de sangue" como consecuencia das vacacións estivais.


Así mesmo, resaltou que o "6,5 por cento das persoas que doaron entre xullo e setembro facíano por primeira vez". Así, 1.846 persoas sumáronse á base de doantes de sangue de Galicia, un 13 por cento máis que no mesmo período de 2015, segundo resaltou a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue.


Por iso, ADOS agradece aos cidadáns que acudiron a doar sangue, aos que lles transmite o seu "sincero recoñecemento", que fixo extensivo ás corporacións municipais que tomaron parte activa na campaña 'Súmate. Doa Sangue' mediante o desenvolvemento de campañas especiais de doazón nos seus respectivos concellos.


ADOS lembra que todos os días do ano os hospitais galegos necesitan entre 400 e 500 doazóns de sangue polo que as unidades móbiles do Centro de Transfusión de ADOS continúan percorrendo Galicia na "procura da solidariedade dos cidadáns".


Así, ata finais do mes de novembro proseguirá a campaña de doazón que achega este xesto altruísta a centros docentes universitarios e non universitarios da Comunidade galega.


Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress