#Claves de la semana

Un pai do Celta e un fillo do Dépor protagonizan o spot do derbi galego

O anuncio promove a rivalidade sa no xogo e está patrocinado por ABANCA. 


|


O anuncio da campaña do derbi galego, que se disputará o próximo 23 de outubro, foi presentado esta mañá na sede institucional de ABANCA, patrocinadora do spot, na cidade de Vigo, e contou coa presenza do director de Rede Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa; os adestradores do Celta e do Depor, Eduardo Berizzo e Gaizka Garitano así coma os xogadores do Celta e do Deportivo, Sergio Álvarez e Celso Borges. 


Cun marcado carácter sentimental e apelando a situacións cotiás galegas, a peza audiovisual mostra a importancia de gozar do encontro con respecto e deportividade. 


#IMPOSIBLESENTI


O anuncio, creado un ano máis por Tex45 Producións, relata a historia de Roque (Roque Blanco) e do seu pai Anxo (Toño Casais) que ten que marchar a traballar ao mar na noite do derbi. Despídense no porto cunha sentida conversación sobre a importancia dalgunhas decisións. Xa á noite falan nunha vídeo-chamada durante o descanso do partido e comentan as xogadas máis polémicas. O anuncio avanza e deixa clara unha evidencia: sen un deles dous e da súa paixón, o derbi só será un partido de fútbol.

relacionada O derbi galego, o próximo 23 de outubro ás 12:00h en Balaídos
Última hora

1 Comentarios

1

que vaía o vicepresidente POSADA , que de cartos é do que entende , que merque él as entradas .....

escrito por PEDRO CAROLLO 17/oct/16    21:36

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE