O BNG reclama o dereito a unha 'xubilación digna' para os mariñeiros galegos

|

Marieirosgalegos


O BNG iniciou unha campaña contra o "ataque" ás pensións dos mariñeiros galegos de pesca de altura, tras a decisión do Goberno de minorar os coeficientes reductores da idade de xubilación para tripulantes, polo que reclama que dea marcha atrás nesta decisión.


Baixo o lema 'Os mariñeiros galegos teñen dereito a unha xubilación digna', o Bloque arrinca unha campaña que incluirá a presentación de iniciativas no Parlamento galego e todos os concellos do litoral, apoio a mobilizacións da CIG, actos públicos de explicación da problemática, así como repartición de material gráfico en portos e lonxas.


Neste sentido, censura que o Goberno central considera agora que "todos os barcos menores de 70 metros de eslora e de arqueo inferior a 1.000 toneladas de rexistro bruto (TRB), que son a inmensa maioría da frota pesqueira galega (palangreira, cefalopodera e de arrastre en augas internacionais), pasa á categoría de fresqueiros".


Deste xeito, "pásase de aplicarlle aos tripulantes un coeficiente do 0,40, que estivo recoñecido ata 2015, a aplicarlles un do 0,25 a 0,35 en función do tamaño da embarcación".


Segundo recrimina o BNG, "esta decisión implica que os traballadores verán aumentada a súa vida laboral", polo que a decisión do Goberno "representa unha auténtica irresponsabilidade", o que "vulnera os dereitos dos mariñeiros e provocará accidentes no mar ao elevar a idade das tripulacións".


"Non teñen escrúpulos en utilizar diñeiro público para pagar á banca, mentres aforran eliminando o dereito dos mariñeiros a unha xubilación digna", arremete a formación nacionalista. Todo iso nun sector como o da pesca que "é un traballo duro, penoso e perigoso, que rexistra a maior sinistralidade mortal entre os sectores laborais".

relacionada Galicia, a gran afectada polo atraso da xubilación de tripulantes de palangreiros

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress