Non atoparon nin pegadas nin ADN no móbil de Diana
A principal hipótese sostén que non foi a moza desaparecida quen se desfixo do teléfono.

Os investigadores da desaparición de Diana Quer seguen a analizar o teléfono móbil da moza, atopado este xoves, unhas actuacións que, segundo apuntan distintos medios, non revelaron nin pegadas dactilares nin restos de ADN.
A hipótese principal que barallan é a de que o aparello non foi lanzado á auga pola rapaza, senón por outra persoa. As circunstancias que envolven este feito están menos claras, e non hai aínda unha reconstrución do ocorrido.
As análises sobre o teléfono céntranse, pois, en atopar a identidade dalgunha persoa coa que Diana mantivera contacto eses días ou esa mesma madrugada.
Está previsto que os investigadores volvan nos próximos días á zona en que apareceu o teléfono, onde fixeran xa unha batida hai máis dun mes.
A nai de Diana Quer móstrase "esperanzada"
Escribe tu comentario