Manel e Xoel López incorpóranse ao ciclo SON Estrella Galicia
López estará na Coruña, Pontevedra e Ferrol; e Manel farao en Vigo e na Coruña.

Xoel López // www.xoel.com
O ciclo SON Estrela Galicia incorporou ao seu cartel de concertos en directo catro espectáculos de Manel e Xoel López, que se celebrarán na Coruña, Pontevedra, Vigo e Ferrol.
En concreto, Xoel López escolleu este ciclo para poñer o broche de ouro á súa xira 'Paramales', coa que chegará a pequenas salas da Coruña, Pontevedra e Ferrol.
O primeiro dos concertos será o xoves 15 de decembro no Le Club de A Coruña, mentres que o 16 de decembro Xoel López actuará na Sala Karma de Pontevedra. A última das citas será o día 17, no Super8 de Ferrol.
Pola súa banda, a banda catalá Manel pasará por Vigo e A Coruña no último mes do ano para presentar o seu último traballo, 'Jo competeixo'.
Os concertos, enmarcados tamén no SON Estrela Galicia, serán o 16 de decembro na Sala Master Club de Vigo e o sábado 17 no Praia Club da Coruña.
Máis de 200 películas na 30 edición de Cineuropa
Escribe tu comentario