#Claves de la semana

Glicemias e exames oculares para previr a diabetes

A Asociación Compostelá de Diabéticos e o Instituto Oftalmolóxico Gómez-Ulla colaboran para concienciar da importancia dun diagnóstico precoz.


|

Diabetes


A Asociación Compostelá de Diabéticos e o Instituto Oftalmolóxico Gómez-Ulla colaborarán un ano máis, con motivo da conmemoración o luns 14 de novembro do Día Mundial da Diabetes, para concienciar á poboación sobre a importancia de "previr e combater" esta doenza.


Segundo informaron ambas as entidades, estímase que a diabetes afecta a máis de 350.000 persoas na comunidade de Galicia, das cales un dez por cento corresponde ao tipo 1.


O lema oficial escollido este ano para conmemorar no ámbito mundial esta data é 'Ollo coa Diabetes', debido ao "estreito vínculo que existe entre estas enfermidades", segundo lembran estas entidades, que engaden que "a diabetes é a responsable dunha das enfermidades oculares que pode causar cegueira se non se detecta a tempo; a retinopatía diabética".


Respecto diso, indicaron que se estima que máis de 70.000 cidadáns galegos padecen esta patoloxía que afecta á retina dos pacientes con diabetes.


Diabetescampanhasantiago

Para sumarse á concienciación da importancia do diagnóstico precoz, a Asociación Compostelá de Diabéticos e o Instituto Oftalmolóxico Gómez-Ulla instalarán, o luns 14 de novembro na Praza do Toural de Santiago, unha carpa informativa conxunta na que se realizarán controis de glicemia e exploracións de fondo de ollo a todas as persoas que o desexen.


HORARIO


As exploracións de fondo de ollo realizaranse na carpa en horario de 11,00 a 14,00 horas e de 17,00 a 20,00 horas, segundo indicaron os promotores da iniciativa.


En concreto, a carpa informativa permanecerá aberta con horario ininterrompido desde as 9,00 ata as 22,00 horas co obxectivo de informar sobre esta enfermidade e realizar controis de glicemia a todas as persoas que o desexen.

relacionada ​Un impuesto contra los azúcares añadidos para reducir su consumo
relacionada ​La diabetes, un problema "serio" entre los gallegos de más de 64 años
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE