#Claves de la semana

​Identifican o condutor do coche ao que subiu Diana Quer en Taragoña

Os axentes toman con cautela e prudencia este avance nas pesquisas, froito da declaración dunha testemuña.


|

Taragoaporto

Porto de Taragoña e AG-11.


Os investigadores que traballan para esclarecer a desaparición de Diana Quer teñen identificado o condutor do vehículo ao que, supostamente, subiu a moza en Taragoña. O xornal ABC publica hoxe que unha testemuña sinalou a esta persoas, que conta con antecedentes.


Trátase dun avance nas pesquisas que os axentes toman con cautela e prudencia, como unha hipótese máis de traballo mentres non conseguen acceder definitivamente ao contido do móbil da moza.


A nai de Diana Quer, Diana López-Pinel, permanece "expectante" e coa "esperanza intacta" de atopar á súa filla. Así o manifestou, en declaracións a Europa Press, o avogado de López-Pinel, Pedro Víctor de Bernardo, quen asegurou que a nai da moza desaparecida atópase no seu domicilio en Madrid.


Dianalopezpinel 2


CONTRASINAL


Os investigadores traballan para obter o contrasinal que lles permita acceder sen bloquear o terminal á información do teléfono móbil da moza, achado recentemente.


Segundo confirmaron a Europa Press fontes da investigación, tras o secado do terminal, os investigadores contan coa placa base lista e pretende obter toda a información que poidan, para o que necesitan un contrasinal que non bloquee o móbil.


Por iso, recorreron tanto á nai da moza, Diana López-Pinel, como á irmá menor da desaparecida para coñecer algún contrasinal recente que usase a moza madrileña.

relacionada ​Dez únicos intentos para acceder ao móbil de Diana Quer
relacionada ​La investigación sobre Diana Quer sigue de cerca a dos sospechosos
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE