#Claves de la semana

A reparación da memoria histórica chega á Deputación de Pontevedra

A presidenta e vicepresidente da Deputación descubriron unha placa que lembra o papel do Pazo e o Edificio administrativo durante a represión de 1936. 


|

Deputacionpontevedramemoriahistorica


"Na memoria das persoas que foron encarceradas, torturadas e xulgadas nestes dous edificios por defender a lexitimidade democrática fronte ao alzamento fascista de 1936". Así reza a inscrición da placa que desde este sábado permanece nos xardíns provinciais, entre o Edificio Administrativo e ao Pazo provincial na Avenida de Montero Ríos.


A placa, que foi descuberta pola presidenta e vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e César Mosquera, respectivamente, lembrará para as xeracións presentes e futuras o papel que ambos os edificios desempeñaron durante a represión de 1936, segundo indicou o propio ente provincial nun comunicado.




"Tanto o Pazo como o Edificio administrativo foron, tras o golpe fascista, desposuídos da súa condición de símbolos da soberanía do pobo e pasaron a ser usados como cárcere --o Edificio administrativo-- e como lugar onde se celebraban os xuízos e os consellos de guerra --o Salón de Plenos do Pazo--", relatou a Deputación.


A xornada de Reparación da Memoria continuou no Salón de Plenos, onde o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, explicou o significado desta homenaxe e actuou como condutor de todo o acto.


O 12 de novembro de 1936, na rúa de Campañó, ao seu paso polo Concello de Poio, foron fusiladas 10 persoas por defender a democracia e a República e por opoñerse ao golpe fascistas de xullo dese mesmo ano. Entre as persoas asasinadas atopábanse dous expresidentes e varios funcionarios da Deputación de Pontevedra, segundo indicou a Deputación.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE