As asociacións de diabéticos reclaman formación para as persoas que padecen a enfermidade
Consideran necesarios programas de educación diabetolóxica tamén para o persoal sanitario, e que na compra de material non prevaleza o prezo sobre a calidade.

A Federación Galega de Asociacións de Diabéticos pediu ás administracións públicas que proporcionen o persoal sanitario para unha atención de calidade así como que na compra de material non prevaleza a economía sobre a calidade.
Así o demandou a organización nun comunicado remitido aos medios con motivo da celebración o luns, día 14 de novembro, do Día Mundial da Diabetes, efeméride pola que demandou tamén programas de educación diabetolóxica tanto para persoas que padecen a enfermidade como para o persoal sanitario.
Ademais, o organismo tamén reclamou que se fomente o investimento na investigación, unha maior colaboración e apoio dos organismos públicos, así como que se teña en conta á Federación Galega de Asociacións de Diabéticos en calquera evento ou toma de decisión que afecte de forma directa ao colectivo.
La OMS advierte sobre la 'epidemia' de la diabetes
Escribe tu comentario