#Claves de la semana

​Gómez reivindica que segue sendo o portavoz do PSOE na Deputación de Ourense

Tensión na sede do PSOE ao asistir por sorpresa o portavoz cesado o pasado mércores á presentación do seu sucesor. 


|

Gomezdeputacionourense


O alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez, reivindicou este luns que segue sendo o portavoz do PSOE na Deputación de Ourense tras a súa destitución a pasada semana no medio da forte división que atravesa o seu partido tamén nesta provincia.


Tanto é así que foi a propia Deputación a que notificou o cambio na portavocía socialista, baseándose nun escrito asinado por cinco dos oito deputados provinciais do PSOE e no que se fai constar que Francisco Fraga, exrexidor de Piñor e vinculado ao sector 'pachista', lle dará a substitución.


Neste escenario, Gómez acudiu á sede provincial do seu partido para esixir ao secretario, Raúl Fernández, que convoque á executiva en lugar de tomar esa decisión en solitario. Fíxoo practicamente á mesma hora na que o seu sucesor reivindicaba, en rolda de prensa, que o seu nomeamento persegue "un cambio de política e de formas" e que se tomou ao amparo dos estatutos.


De feito, á súa chegada á sede, como el mesmo explicou, houbo uns momentos de tensión, pois unha persoa á que non logrou identificar impediulle o paso e tivo que pedir axuda a unha das empregadas socialistas para acceder ao interior.


Unha vez dentro, Gómez salientou que segue sendo o portavoz porque "ninguén" lle comunicou a súa destitución e, en paralelo, reclamou a mesma "unanimidade" para tomar esta decisión que a que o levantou ao cargo. Sobre todo porque, segundo asegurou, "maioritariamente" o PSOE de Ourense "quere" que permaneza nel.


VAISE EL OU RAÚL FERNÁNDEZ


Así é que reclamou a Raúl Fernández que convoque á executiva provincial para que este órgano decida sobre o seu futuro. "Que se vote, e xa veremos se me teño que ir eu ou o secretario provincial, por propoñer isto", retou.


Ademais, pediu que este paso se dea antes do próximo mércores, data do pleno sobre o estado da provincia. "Que alguén poña sentido común: que se convoque a executiva ou se reciba aos alcaldes", incidiu, sen deixar de advertir de que en caso contrario "haberá máis problemas aínda" no partido.


Xunto con estas medidas impulsadas dentro do ámbito do seu partido, Ignacio Gómez indicou aos xornalistas que tamén pediu ao secretario da Deputación de Ourense que informe sobre a validez do escrito no que se notificou a súa substitución.


"DECISIÓN LEGAL E ESTATUTARIA"


Pola súa banda, o exalcalde de Piñor xustificou o seu nomeamento como unha decisión conforme "ás leis sobre réxime local" e aos estatutos do PSOE. De feito, lembrou que foi "a maioría" do grupo provincial a que decidiu o "cambio".


Ademais, argumentou que a substitución pretende poñer en marcha "un novo modelo de acción" na Deputación de Ourense, con "unha dedicación total dos deputados dentro e fóra" da institución; e apostou por impulsar un maior contacto do grupo con todas as agrupacións e os alcaldes socialistas da provincia.


Con respecto aos apoios públicos que distintos rexedores socialistas fixeron chegar ao seu antecesor, Fraga Civeira insistiu en que "son os deputados provinciais os que elixen o seu portavoz, e por tanto son tamén os que o cambian". Así é que pediu "respecto" para a decisión que tomaron.


OPOSICIÓN A MANUEL BALTAR


Tamén comentou as palabras de Gómez da pasada semana, cando vinculou a súa destitución coa súa "oposición moi dura" ao presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar (PP), e co seu convencemento de que "non se pode pactar co PP en ningunha oposición".


"Non se trata de ser demasiado duros ou brandos con Baltar, senón dunha decisión política para abrir un tempo novo e unha maneira diferente de traballar", sostivo, antes de avanzar que o vindeiro mércores xa asumirá a portavocía no Debate sobre o estado da provincia.

relacionada O PSOE de Ourense destitúe o seu voceiro na Deputación
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE