#Claves de la semana

Máis de 90 quitaneves van patrullar este inverno as estradas galegas

Presentaron a campaña coa que se busca garantir a seguridade do tráfico. Hai preparadas máis de 240.000 toneladas de sal.


|

Quitanieves


Un total de 90 máquinas quitaneves e 240.697 toneladas de fundentes --principalmente sal-- integran a Campaña de Vialidad Invernal 2016-2017, posta en marcha polo Ministerio de Fomento para garantir a seguridade en estradas e autoestradas do estado durante o inverno.


Todos os tramos de estradas da Rede do Estado teñen asignado un Nivel de Servizo, o que fai prioritaria a atención a aquelas vías con maior intensidade de tráfico, así como as autoestradas e autovías que comunican as capitais de provincia e as poboacións de máis de 20.000 habitantes.


Dentro das operacións está previsto efectuar tratamentos preventivos e curativos en situacións de baixas temperaturas e en caso de nevadas nos sectores de autovías, autoestradas e estradas convencionais afectadas.


Os principais obxectivos son a prevención da formación de placas de xeo sobre as calzadas cando se esperen xeadas, a información aos usuarios das estradas de calquera incidencia coa antelación suficiente, e a retirada de neve para minimizar as perturbacións ao tránsito.

relacionada A neve dificulta a circulación en estradas de Lugo e Ourense
relacionada Galicia loita por recuperarse dun temporal que deixou aldeas illadas e zonas catastróficas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE