​José Ramón Lete sucederá a Miguel Cardenal á fronte do CSD

|

Joseramonlete


Non será oficial ata que o Consello de Ministros así o decida, pero José Ramón Lete será, segundo todas as quinielas, o sucesor de Miguel Cardenal como presidente do Consejo Superior de Deportes. A reunión do executivo da Xunta desta mañá acordou o seu cesamento como secretario xeral para o Deporte, un cargo no que leva desde o 2009, ano no que Núñez Feijóo chegou á Xunta.


José Ramón Lete Lasa foi xogador profesional de baloncesto, desde o 1978 ata o 1990, pasando polo Estudiantes de Madrid, CAI de Zaragoza, Breogán de Lugo, Obradoiro de Santiago e o Bosco de Vigo.


Pero tamén pertence ao corpo superior da Administración autonómica e, ao longo da súa carreira, ocupou os cargos de xefe do Servizo de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, secretario provincial do Servizo de Saúde de Pontevedra en Vigo da Consellería de Sanidade, inspector de servizos da Consellería de Presidencia e Administración Pública, director xeral da Fundación Internacional e para Iberoamérica de Administración e Políticas Públicas do Ministerio da Presidencia, director xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, subdirector xeral de Promoción Deportiva da Consellería de Cultura e Deportes da Comunidade de Madrid e director xeral de Deportes da Comunidade de Madrid.

relacionada Lete Lasa defende o papel esencial das federacións deportivas galegas na promoción e fortalecemento do deporte galego
relacionada ​Miguel Cardenal abandona la presidencia del Consejo Superior de Deportes

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress