Organizacións educativas alertan da "dobre linguaxe" do PP coa reválida

|

Revalidas 4

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino trasladou a súa desconfianza respecto do suposto "paso atrás" do Goberno central co modelo de 'reválidas', advertindo da "dobre linguaxe" do PP e a contradición entre as súas declaracións e o borrador do decreto que suspenderá os efectos académicos destas probas en 4º de ESO e 2º de Bacharelato.


A entidade na que participan CIG, Erguer!, Anpas Galegas ou o BNG, entre outras organizacións, alertou de que, a pesar de que nas súas declaracións públicas os mandatarios 'populares' aseguran que as probas non terán valor para obter o título, o Goberno central lexisla "en sentido contrario".


En concreto, denuncian que estes efectos académicos "atrásanse" pero aplicaranse "no futuro", nunha data que terán que acordar os responsables de educación das comunidades autónomas na próxima reunión do día 28 xunto co ministro do ramo.


O secretario nacional da CIG-Ensino e portavoz da plataforma, Anxo Louzao, advertiu en rolda de prensa do "engano" do Goberno central e a Xunta con respecto ao decreto que suspenderá os efectos académicos das probas finais, criticando que ao mesmo tempo "se fale de pacto educativo".


"Preténdese que (a mensaxe) cale na sociedade. Con todo, coa súa actuación real vai polo camiño contrario", sinalou, lamentando que a vía para a desaparición da 'reválida' "está aínda lonxe".


Louzao achacou este atraso a que, na práctica, "non lles daba tempo" a continuar o calendario de aplicación da Lomce e articular estas probas, e acusou ao Executivo do PP de protagonizar unha manobra para "impedir" que leve a cabo a resolución da Cámara estatal na que "se esixe a derrogación" da 'Lei Wert'.


Sobre todo, o sindicalista fixo fincapé en que o alumnado é o colectivo que sae "profundamente prexudicado" deste tipo de políticas. "Baixo ningún concepto estamos ante unha proposta aceptable", advertiu.


Ao mesmo tempo, mostrou a súa "preocupación" polo "silencio cómplice da Consellería de Educación", posto que de "non se sabe cal será a súa posición" na reunión co Ministerio do día 28. "Non cabe máis que a derrogación da Lomce", engadiu.


"INSUBMISIÓN"


Louzao lembrou que este xoves 24 continúa o calendario de protestas da plataforma para frear a Lomce, con folga de alumnos, manifestacións e concentracións na sete cidades galegas e noutras localidades.


Así mesmo, avanzou que continuarán chamando "á insubmisión" e ao "boicot" tanto nas probas de diagnóstico de primaria como na de 4º de ESO, que terá un carácter mostral e non se celebrará en todos os centros.


Mentres tanto, chamou á participación na "xornada de loita" do sistema educativo e a "parar os centros do país".

relacionada A 'reválida' de Bacharelato será coma a Selectividade
relacionada ​Las reválidas quedan sin efectos hasta alcanzar un pacto por la Educación

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress