#Claves de la semana

​Detida en Pontevedra por subtraer unha tarxeta e retirar ata 50.000 euros

En Ourense detiveron un home como presunto autor dun roubo con violencia nun supermercado da cidade.


|

Tarxetasdecredito


A Policía Nacional vén de deter en Pontevedra a unha muller de 54 anos de idade como presunta autora dun delito de furto continuado e outro de estafa usando de forma fraudulenta a tarxeta da vítima.


A denuncia foi presentada na Comisaría Provincial o 1 de outubro, cando un familiar da vítima comprobou "a considerable diminución da conta corrente" da muller.


O denunciante afirmaba que a conta sufrira "un gasto excesivo sen que o titular da mesma puidese dar explicacións satisfactorias desa diminución", sobre todo desde os meses de xaneiro ata agosto.


Por mor da denuncia, os axentes iniciaron as investigacións para tratar de pescudar a identidade do autor da estafa, chegando á conclusión de que se trataba de alguén da contorna próxima á vítima. En cada ocasión, a presunta ladroa retiraba 600 euros do caixeiro, chegando a sumar ata 50.000 euros.


DETIDO EN OURENSE


Membros da Policía Nacional detiveron en Ourense un home como presunto autor dun roubo con violencia nun supermercado da cidade.


Os feitos sucederon o pasado día 22, sobre as 20,30 horas, cando un individuo tratou de levar unhas colonias dun establecemento comercial. Unha das empregadas do comercio tratou de interpoñerse no seu camiño, momento no que el lle deu un forte empuxón, tirándoa ao chan e fuxindo á carreira do supermercado.


O detido é un home de 41 anos de idade, natural de Romanía e que carece de antecedentes penais.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE