O CSIC e a USC implementan técnicas de fitocorrección en zonas mineiras galegas

|

Gestionsuelo


O Consello Superior de Investigacións de Científicas (CSIC) coordina en Galicia un proxecto europeo para promover o uso de plantas na descontaminación de chans e a mellora na xestión de chans degradados.


Este proxecto, que concluirá en 2018 e conta cun financiamento de 1,3 millóns de euros, realizará ensaios de campo en zonas contaminadas con metais pesados ou degradas en España, Portugal e Francia.


O obxectivo é demostrar o potencial que teñen as técnicas de fitocorrección, baseadas no uso de plantas e os seus microorganismos asociados para a restauración de chans.


Está coordinado polo Grupo de Microbiología do Instituto de Investigacións Agrobiológicas de Galicia coa participación de socios como as universidades de Santiago de Compostela e do País Vasco, o Instituto Vasco de Investigación e Desenvolvemento Agrario, o Centro de Estudos Ambientais de Vitoria-Gasteiz, as universidades de Coimbra, Católica Portuguesa, Aveiro, o Laboratorio Nacional de Enerxía e Xeoloxía e o Institut National da Recherche Agronomique.


"A contaminación do chan é un problema xeneralizado en Europa. O exceso de compostos químicos degrada a súa calidade e as súas funcións e, en consecuencia, tamén se poden ver afectadas a calidade da auga, a biodiversidade e a seguridade alimentaria. Os metais pesados e outros elementos traza atópanse entre os contaminantes do chan máis frecuentes", explica Petra Kidd (CSIC), coordinadora do proxecto.


Para iso, estableceuse unha rede transnacional de emprazamentos contaminados localizados en áreas de interese ecolóxico, algunhas protexidas, e con potencial para fornecer importantes servizos do ecosistema en toda a rexión de Sudoe (España, Portugal e Francia). Nalgúns emprazamentos xa están implementadas opcións de fitoxestión, mentres que noutros se implementarán durante o desenvolvemento deste proxecto.


En Galicia, os grupos do CSIC e a USC traballarán en dous emprazamentos en zonas mineiras con altas concentracións de zinc, chumbo, cobre e cadmio.

relacionada ​Los plásticos ya son parte del ecosistema marino del Mediterráneo

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress