#Claves de la semana

Giving Tuesday, porque non todo é comprar

Un total de 15 proxectos solidarios galegos piden doazóns de tempo e diñeiro para antepoñer altruísmo ao consumismo do Black Friday.



|

Givingtuesday


Chamar a atención sobre as necesidades de cooperación das entidades sociais e ONG e contrapoñer o altruísmo ao consumismo de citas como o 'Black Friday' é a idea central do 'Giving Tuesday', unha iniciativa a nivel global de solidariedade na que 15 proxectos galegos piden doazóns de tempo e diñeiro para levar a bo porto as súas iniciativas de axuda.


O 'Giving Tuesday' chega a España este 29 de novembro --tras o 'Cyber Monday'-- por segundo ano consecutivo para "sensibilizar sobre a necesidade de cooperar a todos os niveis" e que está axuda sexa "duradeira", explican os seus impulsores, que queren tamén dar á sociedade unha "alternativa ao consumo" en época do Nadal.


O pasado ano, a nivel mundial, esta iniciativa recadou 116,7 millóns de dólares en doazóns nun só día, máis do dobre do alcanzado en 2014. De feito, tomaron parte 698.961 doadores de diñeiro, alimentos, obxectos de segunda man ou tempo.


En España, os promotores desta iniciativa son un grupo de 19 ONG e entidades de distintos ámbitos entre as que están Acnur, Cruz Roja, Obra Social a Caixa, WWF, Médicos sin Fronteras ou Intermón Oxfam, entre outros.


A través dunha plataforma web, os organizadores dan a coñecer á sociedade e ás entidades interesadas as iniciativas nas que poden cooperar, entre as que se atopan 15 asociacións galegas que reclaman distintas cantidades para levar a bo porto iniciativas de distintos ámbitos. As cantidades doadas van destinadas de forma íntegra aos proxectos.


11 INICIATIVAS NA CORUÑA


A provincia da Coruña é a que ten unha maior presenza nesta iniciativa, xa que 11 proxectos desta área están inscritos no Giving Tuesday para pedir apoio para o seu desenvolvemento.


Entre eles está a iniciativa da Federación Galega de Persoas con Dano Cerebral Adquirido (Fegadace), que solicita algo menos de 3.000 euros para o seu programa de respiro familiar de coidadores. En concreto, este diñeiro permitiría sufragar os gastos dunha fin de semana para 35 usuarios no 'Bosque dos Soños', o que daría unha alternativa de actividade aos seus coidadores.


Do mesmo xeito, Ategal (Aulas da Terceira Idade de Galicia) pide apoio económico para levar o seu programa de envellecemento activo e formación da terceira idade a toda Galicia, especialmente a áreas rurais.


Entre os proxectos galegos tamén está o de 'Fibromialxia Solidaria' de Acofifa, que necesita doazóns para visibilizar esta doenza; e o de Semente para o Cambio, que pide fondos para un programa de alfabetización e empoderamiento da muller india. No exterior, aínda que desde Galicia, a ONG Ecodesarrollo Gaia busca 4.000 euros para financiar un proxecto de atención médica e farmacolóxica gratuíta nunha rexión de Senegal.


VOLUNTARIOS PARA ACTIVIDADES


Dentro da provincia da Coruña, a Fundación Adcor pide voluntarios para participar en actividades de lecer e tempo libre con persoas adultas en situación de dependencia; mentres que a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia necesita fondos para que os seus voluntarios realicen tarefas de acompañamento.


Do mesmo xeito, a ONG Ecos do Sur necesita 3.000 euros para gastos derivados da súa actividade de apoio a mulleres vítimas de violencia de xénero en Galicia; a mesma cantidade que a liga Reumatolóxica Galega pide para que o seu equipo de psicólogos e terapeutas ocupacionais se despracen ata os domicilios de 30 dos seus usuarios para prestarlles asistencia.


Finalmente, no Giving Tuesday participa tamén Aspanaes, que necesita 4.000 euros para o seu programa 'Detectar-Actuar-Rehabilitar', de detección precoz do autismo; e a Asociación Sentinelas, que reclama fondos para un proxecto de prevención da desigualdade e a exclusión infantil.


UN VEHÍCULO, ALTA TECNOLOXÍA Ou APOIO PARA INVESTIGACIÓN


Con todo, os participantes galegos no Giving Tuesday esténdense tamén ás restantes provincias con iniciativas que reclaman apoio para cuestións como adquirir un vehículo, proporcionar alta tecnoloxía ou apoio á investigación.


En concreto, a Asociación Arela, que traballa con nenos e adolescentes en situación de desprotección, necesita unha doazón de 2.000 euros para "facer máis asumible" o financiamento dunha nova furgoneta de transporte para a comarca ourensá de Valdeorras, que permitirá seguir trasladando a nenos nesta situación a actividades de lecer e ata a súa escola.


Do mesmo xeito, Asem Galicia, desde a provincia de Pontevedra, require 3.000 euros para incorporar ao seu banco de produtos de apoio un dispositivo de alta tecnoloxía que permita aos seus asociados, persoas afectadas por unha enfermidade neuromuscular, mellorar a súa autonomía, a súa calidade de vida e a súa inclusión social.


Na mesma provincia, a nai e a tía dun bebé afectado por neuroblastoma propoñen a venda dun calendario solidario cuxos beneficios irán destinados á investigación da cura deste tipo de cancro.


Finalmente, os proxectos galegos péchanse coa proposta da asociación lucense Aliade Ultreia, que solicita apoio económico para o seu 'Programa Donas', de asesoramento, atención e apoio a mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual, 25 nestes momentos.

relacionada Os galegos gastaremos uns 74 euros de media nas compras deste Black Friday
relacionada Dos de cada 10 pymes gallegas participarán en el 'Black Friday'
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE