​A Xunta presentará un mapa de empregabilidade universitaria de Galicia en 2017

|

Universitariosclaseaula

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, avanzou que a Xunta presentará antes de que acabe 2017 un mapa de empregabilidade universitaria de Galicia, que ofrecerá unha radiografía sobre as titulacións existentes e o grao de eficacia que cada centro universitario ten en materia de saídas laborais.


Diso informou o secretario xeral de Universidades durante a súa comparecencia na Comisión de Educación e Cultura do Parlamento de Galicia e en resposta a unha pregunta do Grupo Parlamentario Popular, na que destacou que este documento servirá de orientación aos estudantes no momento de elixir unha titulación superior.


Segundo sinalou, este mapa proporcionará información "fiable e actualizada" ao futuro alumnado e ás familias antes de tomar unha decisión "fundamental" como é a elección dunha carreira. Ademais, tamén servirá de apoio aos centros para que orienten os cambios docentes e de contidos que sexan necesarios para responder as demandas da sociedade galega.


A elaboración do mapa responde, conforme apuntou, á "demanda da sociedade de dispoñer dunha información rigorosa clave" no que respecta á inserción dos titulados universitarios. "De aí a necesidade de impulsar desde a Administración un mapa exhaustivo, que incorpore toda a información autonómica e nacional existente, para que resulte eficaz como ferramenta para os estudantes, as súas familias e as propias universidades", apuntou.


Deste xeito, o mapa incorporará información sobre unha serie de aspectos como as características do proceso de procura de emprego, a situación do mercado de traballo dos titulados no Sistema Universitario Galego (SUG) ou as súas condicións laborais.

relacionada Xunta e Universidades estudan adiantar a proba de acceso de setembro a xullo
relacionada ​Universidades e Xunta traballarán "de inmediato" no novo mapa de titulacións

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress