#Claves de la semana

​Queda en liberdade o detido en Galicia por compravenda de armas

"No rexistro non se lle atopou nada", informa o delegado do Goberno, pero investigan se as colocou no mercado negro.


|

Armasguardiacivil


O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, manifestou que a persoa detida en Galicia foi posta en liberdade, pero está "pendente de investigación" para "comprobar" a súa implicación na organización criminal dedicada á adquisición e venda de armas de fogo, operacións que na comunidade galega se producron na provincia de Lugo.


A Garda Civil, no marco da 'Operación Vulpes III' desenvolvida en varias provincias españolas, procedeu á detención de 30 persoas, unha delas en Galicia, pertencentes a unha organización criminal dedicada á adquisición e venda de armas de fogo aos que se lles imputan os supostos delitos de tenza ilícita de armas, depósito de armas, munición e explosivos.


A preguntas dos xornalistas tras o acto conmemorativo da Constitución, Villanueva asegurou que o detido en Galicia pasou "a disposición xudicial e posta en liberdade posterior".


"No rexistro non se lle atopou nada, pero está pendente de investigación para comprobar que esta persoa traballara con este tipo de armas e as colocaba nalgún mercado na nosa comunidade", explicou Villanueva.


Na operación interviñéronse 124 armas de fogo e máis 4.100 cartuchos metálicos, entre outros efectos. Esta fase da operación conclúe coa que se iniciou en abril do presente ano cando a Garda Civil interveu 23 pistolas e 450 cartuchos e procedeuse á detención dunha persoa na provincia de Albacete, que se dedicaba a adquirir masivamente armas detonadoras en países do leste de Europa.


Esta persoa posteriormente manipulaba as armas para que puidesen efectuar lume real e disparar munición con proxectil que o mesmo fabricaba nun taller clandestino que tiña instalado no garaxe da súa vivenda. Así mesmo, as armas e a munición era vendida a través de Internet.

relacionada ​Un detido en Galicia como parte dunha organización criminal de venda de armas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE