#Claves de la semana

​A alcaldesa de Lugo di que a Xunta "discrimina" á cidade nos orzamentos

No mesmo senso se manifestou o alcalde de Pontevedra, o nacionalista Miguel A. Fernández Lores, que dirixirá unha carta a Feijóo con carácter "urxente". 


|

Laramendezfeijoo


A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, denunciou este luns que a Xunta de Galicia "discrimina inxustificadamente" á cidade no proxecto de orzamentos para o próximo ano 2017.


Así o manifestou nunha comparencia na sede lucense do partido, xunto co parlamentario por Lugo e viceportavoz do PSdeG, Luís Álvarez, na que afirmaron que a cidade converteu para o Goberno galego nun rival ao que "bater".


Respecto diso, Méndez asegurou que as contas "son un brinde ao sol" que "non recolle as necesidades dunhas das grandes cidades de Galicia". En concreto, apuntou o abandono de "hemodinámica as 24 horas para o HULA, non hai ningunha praza para garderías nin ningunha previsión para unha residencia para a terceira idade, non se consignan partidas para o barrio da Residencia, nin para o museo da romanización no cuartel de San Fernando, nin para o saneamento do rural".


Tamén considerou que é "irrisoria" a partida que se destina para a intermodal, de 75.000 euros, ou os 150.000 euros para o Colexio do Sacro Corazón.


PONTEVEDRA, "PREOCUPADA" POLAS CONTAS AUTONÓMICAS


O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, remitirá unha carta ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para pedirlle unha reunión con carácter "urxente" para falar dos "decepcionantes" presupostos da Xunta para 2017, nos que o Goberno galego, segundo denuncia o rexedor, non recolleu "gran parte" dos compromisos coa cidade.


O primeiro edil nacionalista asegurou que o goberno local está "preocupado" e espera que o Executivo de Núñez Feijóo poida incorporar emendas que "corrixan" as contas autonómicas en beneficio da cidade do Lérez.


Así, o Concello lamenta que o orzamento do ano que vén non recolla ningunha previsión para unha infraestrutura como a variante de Alba.


A dragaxe do río Lérez tampouco aparece recollida a pesar de ser unha solicitude na que insisten o sector marisqueiro e o Porto Deportivo da cidade, e tamén se botan en falta, segundo o alcalde, investimentos para o saneamento da ría.


Tamén ve insuficiente o goberno local as contas previstas para o edificio da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal, cuxa rehabilitación anunciara o presidente autonómico.


E critica a falta de dotación para obras de mellora en centros educativos, para a mellora das comunicacións entre a cidade de Pontevedra e Sanxenxo ou Marín, e o soterramento da liña de alta tensión de Monteporreiro.


Segundo sinalou o portavoz municipal e concelleiro de Facenda, Raimundo González, con este presuposto a Xunta segue a "mesma tendencia de marxinación" cara a Pontevedra, ao non incluír as "demandas históricas" da cidade, a pesar dos anuncios electorais do presidente autonómico.


"Tiñamos a esperanza de que se puidese invertir a tendencia, pero non foi así", reprochou González, que lembrou que máis aló de estudos e partidas xenéricas, o "único" que se recolle para Pontevedra son 11 millóns de euros para a construción dunha nova sede xudicial na Parda, unha obra "suficientemente amortizada" porque, dixo "é o sétimo ano que se fala dela".

relacionada O orzamento da Xunta para 2017 crece un 2,9% e esgota o teito de gasto
relacionada ​A oposición critica a "falta de impulso" que reflicten os orzamentos
relacionada Pontón, sobre o teito de gasto: "Non estamos ante uns orzamentos expansivos"
Última hora

1 Comentarios

1

Ben feito Alcaldesa. Non hai dereito a que sigan discriminando a Lugo polo feito de que goberne o Psoe e Lugonovo. Basta xa.

escrito por Mario 06/dic/16    11:59

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE