#Claves de la semana

​Evacuado en helicóptero un mariñeiro que se mancou nun brazo en Muros

Faenaba nun pesqueiro nuha zona próxima a Monte Louro. O ferido foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.


|

Salvamentobarcohelicoptero

Imaxe do operativo de rescate. //Foto: @GardacostasGal

Un mariñeiro foi evacuado en helicóptero tras sufrir un accidente ao lesionarse un brazo a bordo dun pesqueiro cando pescaba preto do municipio coruñés de Muros.

Segundo informou o 112 Galicia, o mariñeiro lesionouse nun brazo mentres pescaba pola Ría de Muros. O ferido foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo polo helicóptero 'Pesca I', dependente da Xunta.

O accidente produciuse pasadas as 19,00 horas do martes cando o traballador pescaba a bordo dunha embarcación chamada 'Gaviota'. Estaban a faenar nunha zona coñecida como os Baixos do Gruño, preto de Monte Louro, en Muros.

O persoal do Servizo de Gardacostas recibiu a petición de Salvamento Marítimo e informou ao CAE 112 Galicia da súa saída.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE