#Claves de la semana

O Concello de Santiago defende as políticas activas na atención ás persoas sen fogar

Segundo os datos do Concello, hai 29 persoas durmindo na rúa en Santiago e 13 en pensións. 


|

Personasinhogar 1


A Memoria da 'I Xornada sobre as persoas sen fogar', celebrada en Santiago o pasado 27 de outubro, aposta polas políticas sociais activas na atención ás persoas sen teito, segundo destacou este mércores a concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández.


A xornada, segundo lembrou, "pioneira en Galicia", reuniu en Compostela a profesionais e entidades do conxunto do Estado que reflexionaron sobre o tipo de políticas e actuacións que deben de levarse a cabo coas persoas sen fogar.


"Froito destas xornadas elaboramos unha memoria coas principais reflexións e conclusións. Nesta memoria ponse de manifesto a importancia de tratar ás persoas sen fogar desde o punto de vista do respecto da súa dignidade e aos seus dereitos, sempre promovendo metodoloxías de intervención respectuosas pero activas, é dicir, que sexan as políticas sociais e sanitarias as que se acheguen ás persoas e non esperar que sexan as persoas en máxima vulnerabilidade e exclusión que se achegue ás políticas públicas", comentou en rolda de prensa a concelleira.


MODELO 'HOUSING FIRST'


Respecto diso, apuntou que a xornada puxo de manifesto que un dos modelos que "máis éxito" ten en países europeos e cidades como Barcelona é o modelo 'Housing First' ou vivenda primeiro, segundo destacou a edila. Así, comentou que os programas que levaron a cabo baixo este enfoque ofrecen "resultados moi positivos". A memoria destaca que máis do 80 por cento das persoas manteñen a vivenda despois de dous anos.


A edila incidiu en que en Compostela foron "pioneiros en implementar este modelo", grazas ao cal "viven de forma autónoma, pero supervisada por profesionais de Feafes, dúas persoas, ás que se sumarán dous homes e dúas mulleres para completar os tres pisos municipais dispostos para tal fin", explicou.


Concha Fernández apuntou que visitou os pisos de saída e comprobou o traballo realizado polas entidades. Ademais, valorou o traballo que se fai cos equipos da Cruz Vermella e que supoñen o primeiro elo, segundo afirmou, "na atención a estas persoas".


O equipo mantén catro rutas semanais en horario de mañá e tarde. No útimo reconto documentaron, segundo os datos do Concello de Santiago, "29 persoas durmindo en rúa e 13 en pensións". Ademais, levaron a cabo centos de entrevistas e ducias de acompañamentos.


CONCLUSIÓNS


A memoria conclúe que a abordaxe "máis adecuada" ten que ser "integral e multidisciplinar", que incorpore nos equipos de atención na rúa "profesionais do ámbito social e sanitarios, psiquiatras dos servizos de saúde e traballadores sociais e educadores dos servizos sociais".


A concelleira engadiu que nesa xornada "tamén presentaron o traballo feito en Compostela, dando a coñecer a metodoloxía" seguida na mesa de coordinación e traballo coas entidades sociais en Compostela.


"CORRESPONSABILIDADE DA XUNTA"


A preguntas dos medios, así mesmo, Concha Fernández volveu a pedir "corresponsabilidade á Xunta de Galicia" porque "son as administracións autonómicas as que teñen competencia en materia sanitaria e de vivenda".


"Deberían asumir un papel, como mínimo, de coordinación dos recursos", reivindicou a concelleira compostelá.

relacionada Villares esixe que a Valedora rectifique tras defender a incapacitación das persoas sen fogar
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE