#Claves de la semana

A Xunta destina 200.000 euros á rehabilitación da zona vella de Vigo

A través desta achega extraordinaria vanse adquirir inmobles na zona do Berbés que logo se rehabilitarán. 


|

Vigozonavella


A Xunta de Galicia realizou unha achega extraordinaria de 200.000 euros ao Consorcio Casco Vello de Vigo que se destinará á adquisición de inmobles no Berbés para a súa posterior rehabilitación.


Segundo informa a Consllería de Infraestruturas e Vivenda, o Consistorio de Vigo "deberá realizar unha achega que lle corresponde en función da presenza de cada un dos organismos" no capotal social do Consorcio, que "corresponde nun 90 por cento á Consellería e no 10% restante ao Concello", segundo concreta a Xunta.


Así mesmo, a Consellería sinala que o orzamento do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) "contempla unha nova achega", tamén de 200.000 euros, no ano próximo.


A achega extraordinaria "permitirá ao Consorcio Casco Vello de Vigo intensificar as súas actuacións na rehabilitación da zona vella", segundo resalta a Xunta, que engade que prevé "destinar o ano próximo máis de 402.000 euros á adquisición de novas edificacións na zona do Berbés", así como actuacións de rehabilitación en "once edificacións xa adquiridas, parte das cales quedarán terminadas en 2017", segundo engadiu.


En total, segundo os datos facilitados pola Xunta, o Consorcio Casco Vello de Vigo investirá o ano próximo en rehabilitación e adquisición de novas edificacións "máis de 2,6 millóns de euros".

relacionada Anulada a licencia para converter o castelo de Monterrei nun parador
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE