A xuíza da Zeta retoma con Gerardo Crespo as declaracións

|

Gerardocrespomarpereira

Gerardo Crespo e Mar Pereira, nunha foto de 2011 // Amtega


O empresario coruñés Gerardo Crespo declara este martes 13 de decembro --tamén quedou habilitado o mércores 14 por se fose necesario-- ante a xuíza que instrúe a 'Operación Zeta'. En concreto, esta causa investiga unha suposta fraude de subvencións destinadas a cursos de formación polos que o empresario supostamente recibiu diñeiro da Xunta e do Estado entre 2008 e 2012


Esta será a segunda vez que Crespo se sente no banquillo para prestar declaración. Na primeira ocasión, en febreiro de 2015, negouse a declarar porque faltaba un informe da Axencia Tributaria sobre a cantidade presuntamente defraudada.  


Finalmente que a declaración do suposto 'xefe' da trama quedou fixada para este martes, quedando habilitado o día seguinte no caso de que fose necesario.


A declaración doutro dos investigados, o presidente da Confederación Española de Autónomos e Profesionais de España (Caype), Eliseo Calviño, será o día 15, ás 9,30 horas. Tamén, por se fose necesario, quedou habilitado o día seguinte.


MEDIO CENTENAR DE INVESTIGADOS


Inicialmente, foron citados en condición de investigados un total de 30 persoas, entre eles as dúas persoas citadas a declarar en decembro. Nun posterior auto da xuíza, figuraron 25 novos investigados e outras 23 testemuñas.


Entre os primeiros, figuran nomes como a exdirectora xeral de Traballo, Ana María Díaz, ou o exdirector de Formación e Colocación durante o bipartito da Xunta, Pastor Fuenteseca Díaz. Entre as testemuñas citadas, están a ex conselleira de Traballo e actual responsable de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato.


INVESTIGACIÓN


O xulgado iniciou, en decembro de 2011, a investigación sobre unha posible fraude no cobro de subvencións tras recibir un atestado do Grupo de Delincuencia Financeira e Fiscal da Brigada Provincial da Policía Xudicial na Coruña.


A causa séguese polos delitos de fraude de subvencións ou estafa e malversación de caudais públicos, ademais doutros delitos conexos como falsidade documental, suborno e branqueo de capitais.


Entre as persoas investigadas atópanse responsables de organizacións de autónomos, fundacións e profesionais de distintos ámbitos, ademais de exaltos cargos da Xunta.

relacionada Feijóo, sobre a 'Operación Zeta': "Os meus amigos son os intereses de Galicia "

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress