Un descubridor de moda online con 'sangue' galego

|


Dúas mozas emprendedoras, unha galega e outra andaluza, veñen de pór en marcha un descubridor de moda que apoia á pequena e mediana empresa chamado DRESTIP, que pretende, segundo un comunicado, “revolucionar as compras online”.


DRESTIP, segundo as súas fundadoras, nace con dous obxectivos: facilitar a busca de tendencias de moda nunha mesma páxina web, e dar visibilidade a marcas españolas de moda “punteiras, únicas e de gran calidade”.


A pontevedresa Rocío Lumbreras, unha das fundadoras, explica que “hoxe en día estamos acostumados a buscar nas mesmas tendas, e descoñecemos a infinidade de tendas online e marcas que existen en España”, por eso decidiron “crear unha web na que mostremos ao usuario todo o potencial desas tendas dunha maneira doada e intuitiva”. E engade “pretendemos que o usuario entre en DRESTIP cada día e descubra unha nova tenda, unha nova tendencia”.


A malagueña Patricia de Juan, a outra metade de DRESTIP, comenta que “todos somos creadores de tenencia e hai que atoopar a maneira de facelo”. Neste sentido, DRESTIP, segundo as súas creadoras, “inspira aos usuarios” cunha ferramenta que permite crear ‘collages’ de prendas e velo en conxunto.


As creadoras buscan dotar ao usuario cunha ferramenta que lles permita vestir “diferente”, por iso aposta polas pequeñas e medianas empresas cun catálogo de 6.000 produtos que esperan aumentar nos próximos meses ata alcanzar os 20.000

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress