#Claves de la semana

​Detido un mozo veciño do Carballiño por un roubo nunha nave téxtil

O individuo accedeu á nave tras saltar un valo e entrar cunha chave falsa, informan fontes do Instituto Armado. 


|

Ropafalsa


A Garda Civil vén de deter un cidadán portugués de 29 anos veciño do municipio ourensán do Carballiño por un roubo con forza nunha nave téxtil.


Segundo informou o Instituto Armado, ás 21,30 horas do luns 12 de decembro foi detido o cidadán portugués F.A., de 29 anos de idade e veciño do Carballiño, como presunto autor dun delito de roubo con forza nunha nave téxtil.


As mesmas fontes relataron que o individuo accedeu á nave tras saltar un valo e entrar cunha chave falsa. No lugar apoderouse de varias pezas de roupa.


Por outra banda, a Garda Civil de Xinzo de Limia (Ourense) detivo a M.D., de 29 anos e veciño de Cuenca, en virtude dunha requisitoria xudicial de procura, detención e personación dimanante dos xulgados de Tarancón e Cuenca.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE