#Claves de la semana

Galicia rexistrou 345 novas sociedades mercantís e disolveu 118 en outubro

Do total, só dúas son sociedades anónimas e 342 limitadas | En termos relativos, Galicia foi a comunidade que experimentou o maior crecemento interanual (+20,6%). 


|

Empresas gallegas

Galicia rexistrou 345 novas sociedades mercantís en outubro, o que supón un 20,6 por cento máis que o mesmo mes de 2015, mentres que se disolveron 118, un 0,8 por cento menos que hai un ano.


Así o reflicte a estatística de Sociedades Mercantís publicada este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE), que indica que o capital subscrito para a constitución das 345 empresas ascendeu a 11.588.000 euros.


Dúas das novas sociedades mercantís creadas en Galicia eran sociedades anónimas cun capital subscrito de 560.000 euros e 343, sociedades limitadas cun capital de 10.796.000 euros.


En outubro na Comunidade galega 111 sociedades mercantís ampliaron capital por 48.365.000 euros, catro delas sociedades anónimas por un montante de 12.294.000 euros; e 107, sociedades limitadas opr 36.071.000 euros.


Mentres, das 118 sociedades mercantís disoltas en Galicia en outubro, 93 foron voluntarias, 11 por fusión e 14 por outras causas, segundo os datos do INE. Pola súa banda, 21 sociedades reduciron capital cun capital subscrito de 8.025.000 euros.


DATOS ESTATAIS


A constitución de novas sociedades mercantís retrocedeu un 4,2% o pasado mes de outubro respecto ao mesmo mes de 2015, ata sumar 7.129 empresas, segundo informou este mércores o Instituto Nacional de Estatística.


Co descenso de outubro, a creación de sociedades mercantís rompe unha serie de seis meses consecutivos de ascensos interanuais despois de subir un 14,8% en abril, un 9,3% en maio, un 12,7% en xuño, un 1,7% en xullo, un 23,4% en agosto e un 5,2% en setembro.


O capital social subscrito no décimo mes do ano para a constitución de novas sociedades aumentou un 20,5% respecto ao mesmo mes de 2015, ata os 718 millóns de euros, mentres que o capital medio por sociedade avanzou un 25,9% e situouse en 100.724 euros.


Durante o mes de outubro un total de 2.180 empresas ampliaron capital, un 10,9% menos que un ano antes, por un importe superior aos 1.774 millóns de euros (-40,4%) e cun capital medio de 814.045 euros, o que supón un 33,1% menos que en igual mes de 2015.


O número de disolucións de empresas incrementouse un 0,9% respecto de outubro de 2015, con 1.543 sociedades desaparecidas. Delas, o 67,9% disolvéronse de forma voluntaria, un 12,8% por operacións de fusión e o 19,3% restante por outras causas.


En taxa mensual (outubro sobre setembro), a creación de sociedades mercantís incrementouse un 5,1%, o seu menor crecemento neste mes polo menos desde 2012, mentres que a disolución de sociedades aumentou un 26,3%, tamén o seu menor repunte do últimos cinco anos.


O 22,7% das sociedades mercantís creadas no décimo mes do ano dedícase ao comercio e o 13,7% á construción. En canto ás sociedades disoltas, o 21,1% pertence ao comercio e o 16,5% á construción.


A actividade con maior capital subscrito nas sociedades mercantís creadas en outubro foi a de inmobiliarias, financeiras e seguros, con 574,4 millóns de euros, en tanto que información e comunicacións presentaron o menor capital, con 3,3 millóns de euros.


MADRID E CATALUÑA ENCABEZAN A CREACIÓN DE EMPRESAS


Madrid, Cataluña e Andalucía foron as comunidades autónomas que máis sociedades mercantís crearon o pasado mes de outubro, con 1.625, 1.428 e 1.196 sociedades, respectivamente, mentres que A Rioxa (28), Navarra (57) e Cantabria (66) foron as rexións que menos empresas fundaron.


Atendendo ás sociedades mercantís disoltas, as comunidades autónomas que presentaron un maior número de disolucións foron Madrid (493), Andalucía (220) e Comunidade Valenciana (148). Pola súa banda, as que rexistraron menos sociedades mercantís disoltas foron Navarra e A Rioxa (12) e Estremadura (16).


En termos relativos, as rexións que experimentaron en outubro os maiores crecementos interanuais na creación de sociedades mercantís foron Galicia (+20,6%), Asturias (+17,8%) e Baleares (+12,5%). Os maiores descensos interanuais anotáronllos Castela e León (-25%) e País Vasco (-19,3%).


En canto ás sociedades disoltas, as comunidades coas taxas positivas máis altas foron Asturias (+70%), Comunidade Valenciana (+24,4%), e Andalucía (+14,6%). Pola contra, as que presentaron as maiores baixadas foron Castela-A Mancha (-46,2%), Estremadura (-38,5%) e Murcia (-29,2%).

relacionada ​A metade do emprego creado en 2016 corresponde a comercio e hostalería
relacionada O FMI pide a España novas reformas do mercado laboral
relacionada Inditex medra a un ritmo do 9% e crea un de cada cinco empregos en España
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE