#Claves de la semana

​O corredor do Morrazo reabre este mércores e permanecerá en servizo todo o Nadal

Actualmente e desde o pasado 2 de novembro, o corredor está pechado ao tráfico no tramo comprendido entre os quilómetros 0 e 6, entre Rande e a ligazón de Meira


|

Morrazo


A Xunta abrirá ao tráfico o corredor do Morrazo o vindeiro mércores, día 21, e manterao en servizo ata o 8 de xaneiro, con motivo da operación especial de tráfico que a DXT activa no período vacacional.


Actualmente e desde o pasado 2 de novembro, o corredor está pechado ao tráfico no tramo comprendido entre os quilómetros 0 e 6, entre Rande e a ligazón de Meira, pola necesidade de garantir a seguridade de usuarios e traballadores no transcurso das obras de conversión en autovía desta infraestrutura.


Despois da paréntese de Nadal, a Xunta informa de que o día 9 o corredor volverá pecharse ata o final do prazo previsto para o termo das voaduras máis importantes, o 23 de xaneiro.


Esta solución tomouse, explica nun comunicado, despois de analizar os estudos e as inspeccións técnicas realizadas, que concluíron que era o máis efectivo para poder facer as tarefas con garantías plenas para a seguridade viaria e dos traballadores.


Durante o tempo do corte, a Xunta reforza a información aos cidadáns e a sinalización para ofrecerlle indicacións aos usuarios sobre os desvíos que poden tomar.

relacionada ​Pecha ao tráfico ata decembro un tramo do Corredor do Morrazo
relacionada Grandes atascos en Moaña ao desviar o tráfico do Corredor do Morrazo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE