Galicia perdeu case 14.000 habitantes en 2015

|

Envejecimiento poblacion 1

Galicia perdeu un total de 13.822 habitantes en 2015 (-0,51%) ata quedar cun total de 2.718.525 persoas a data 1 de xaneiro de 2016, fronte aos 2.732.347 dun ano antes.


Así figura nas cifras oficiais de poboación resultantes da revisión do Padrón municipal ao 1 de xaneiro de 2016, que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE). Do total de habitantes de Galicia, 1.309.809 son homes e 1.408.716 son mulleres.


Deste xeito, a perda de poboación en Galicia (-0,51%) está por encima do descenso medio (-0,14%), e é o quinto máis acusado entre comunidades, só por detrás de Castela e León (-0,99%), Castela-A Mancha (-0,85%), Asturias (-0,82%), Aragón (-0,70%), e con igual retroceso que Cantabria (-0,51%).


A provincia que máis habitantes perde é A Coruña, cunha caída de 4.397, ata quedar en 1.122.799. A segunda con maior descenso é Ourense, cunha perda de 3.538 persoas, ata 314.853.


En Pontevedra, ao longo de 2015 perdéronse 3.028 habitantes, cun padrón de 944.346 persoas. Lugo é a que experimenta o menor retroceso, 2.859 habitantes menos, e queda en 336.527.

relacionada Galicia segue a perder poboación mentres a cifra estatal repunta gracias á inmigración
relacionada Máis dun terzo dos ourensáns vive fóra de España

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress